MITOLOXÍA GALEGA: O Can do Urco
Co mes de outubro chega a proposta que nos trae o alumnado de 6º de Educación Primaria. Eles investigaron varias personaxes da Mitoloxía Galega e decidiron presentarnos O Can do Urco.
Trátase dun can moi grande de cor negra, con grandes orellas e con cornos. Sae do mar polas noites e leva unhas grandes cadeas. Para quen cree velo, é un sinal de mal agoiro.
Cómpre destacar que se trata dun ser mitolóxico, e que polo tanto que NON é real.



Comentarios
Publicar un comentario