MITOLOXÍA GALEGA: O Gatipedro
Este curso escolar, ao igual que os derradeiros cursos escolares, imos seguir traballando sobre a cultura e tradición popular galega.
Concretamente este curso, imos afondar un pouco sobre a Mitoloxía de Galicia, xa que temos unha gran variedade de personaxes, lugares e lendas; todos eles rodeados de aspectos máxicos, que forman parte das vidas dos nosos ancestros.
Comezamos coñecendo O Gatipedro. É un animal mitolóxico, así que polo tanto recordade NON existe na realidade. Pero a tradición oral conta que é un gatiño branco cun corno na súa cabeza, por ese corno verte gotiñas de auga e cando os nenos e nenas o escoitan mentres durmen, as veces mexan na cama.
Si botamos sal nas casas, protexemos aos nen@s e coseguimos que non se fagan pis porque a sal protéxeos e así o Gatipedro non pode preparar as súas trasnadas.
Na entrada do cole colocamos sal porque estos primeiros días de cole, o alumnado soe vir algo nervioso e inquieto. Con esta sal queremos simbolizar que dentro do cole sempre van a estar protexidos e por tanto, non teñen porque estar nerviosos.



Comentarios
Publicar un comentario