DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O vindeiro venres 23 de Febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro. Dado que se trata da nosa escritora máis célebre, quixemos facerlle unha pequena homenaxe.
O noso alumnado preparou unhas palabras vencelladas coas distintas emocións que nos poden chegar a transmitir os seus textos: ledicia, tristura, sorpresa,.....
É moi importante que acostumemos aos nosos rapaces e rapazas a ler e a sentir coas lecturas, con calqueira tipo de lectura.
Agardamos que vos guste o seu traballo, deixamosvos unha imaxe para que o poidades disfrutar.
E non vos esquezades de seguir buscando e sentindo emocións grazas os nosos autores e autoras!
Comentarios
Publicar un comentario