DITO DO MES: Quen garda sempre ten
A rapazada protagonista e polo tanto, os autores e autoras do noso dito deste mes, son o alumnado da aula de 2º de Educación Primaria.
Neste caso, eles elixiron o seguinte dito coa axuda da súa titora: "Quen garda sempre ten".
Moitos dos rapaces non o coñecían, polo que foi preciso explicarlles o significado. Resulta chamativo posto que se trata dun dito popular moi coñecido e moi utilizado na nosa Comunidade.
Que opinades?, vos coñeciádelo?, utilizádelo acotío?.
Anímadevos a utilizar as nosas expresións tradicionais na vosa contorna próxima e deste xeito, axudaredes a normalizalas na vosa casa e a achegarllas aos vosos fillos e fillas.
Esperamos que vos guste o seu traballo.
Comentarios
Publicar un comentario