DITO DO MES: Non son perfecto, pero son galego

O curso 2023-2024 está a piques de rematar e con el vanse acumulando na nosa memoria moitas vivencias e aprendizaxes en todos nos: rapaces, rapazas, docentes, familias, etc. 

Unha das aprendizaxes que esperamos que calasen un pouquiño en todos vos, son os nosos Ditos do Mes. Traballamolos con todo o cariño e dunha forma moi significativa para que todos interiorizasemos mellor estas expresións que forman parte dunha cultura tan rica como a nosa. 

Quixemos deixarvos un derradeiro dito do mes de recordo a través das pulseiras que diseñamos e que lles repartimos aos vosos fillos o día das Letras Galegas. Quixemos entregalas ese día en concreto dado que é unha das datas máis significativas para todos os galegos, por todo o que implica para a nosa cultura, lingua e tradicións. 

O dito elixido polo noso Equipo foi: "Non son perfecto, pero son galego". Esperamos que vos sintades tan orgullosos coma nos polo que este dito implica, e que nunca esquezamos cal é a nosa orixe. 






Comentarios

Publicacións populares