DITO DO MES: Outra vaca no millo
O curso está a piques de rematar, así que vos presentamos o derradeiro dito do mes elaborado polos pequenos e pequenas do centro.
Nesta ocasión, os máis pequerrechiños de 4º e 5º de Educación Infantil encargáronse de preparar este popular dito da nosa lingua: "Outra vaca no millo!".
Este dito deixa entrever a típica retranca que nos caracteriza aos galegos e galegas.
Agardavos que vos guste o seu traballo.




Comentarios
Publicar un comentario