RECOMENDACIÓNS MUSICAIS
Como xa sabedes, contamos cunha lista de cancións en Spotify do CEIP Zalaeta. Por suposto animámosvos a que a escoitedes, seguro que vos vai sorprender.
Podedes escoitala a través de varias canles, tanto a través da páxina web do cole, como na páxina do Blogue de EDLG e tamén dentro da propia aplicación de Spotify.
Trátase dun listado de cancións seleccionadas polo Equipo de EDLG, polo que todas elas son cancións en lingua galega. Un dos aspectos fundamentais é que se trata de cancións con ritmos moi actuais, que estamos convencidas que lles van encantar os rapaces e rapazas e tamén as súas familias.
Si vos apetece suxerirnos algunha canción para incluíla no listado de Spotify, ou ben para que a poñamos nas entradas e saídas do centro escolar, podedes enviar un correo electrónico a seguinte dirección:
edlg.ceip.zalaeta@edu.xunta.gal
Lembrade! as suxerencias teñen que ser cancións en Lingua Galega!




Comentarios
Publicar un comentario