MITOLOXÍA GALEGA: O Apalpador

Con este mes de decembro chegan as vacacións e tamén as ansiadas festas de Nadal. 

Fai moitos moitos anos, as noites de Nadal eran ben diferentes en Galiza. Os nosos rapaces e rapazas de 4º de Educación Primaria sabeno ben, por iso elixiron a persoaxe da Mitoloxía Galega chamada O Apalpador.   

Seguramente algúns de vos xa o coñezades e para os que non ......esta é a lenda do Apalpador: fai centos de anos nas montañas de Ourense e de Lugo, concretamente na zona do Courel, vivía un home moi grande, forte, maior, cunha gran barba rubia, cunha enorme barriga, vestido con roupa roída e que levaba unha boina. 

Tódolos anos xusto o día 24 de decembro, deixaba as montañas onde vivía todo o ano, para ir visitar as casas onde vivían os neniños e neniñas das aldeas. E deixáballes castañas a toda a rapazada que non comera moito, por iso lles apapalpaba as barriguiñas, para comprobar si comían moito ou pouco. 

Todos os nenos e nenas estaban desexando que chegase o día 24 de decembro para que ese home tan bo, lles regalase castañas os que as precisaban.

Animámosvos a coñecer máis e a adentrarvos na lenda do Apalpador. 

Lembrade que NON se trata dunha persoaxe real, senon que é propia da nosa Mitoloxía.










Comentarios

Publicacións populares