CONTACONTOS IES MENENDEZ PIDAL
Fai uns días viñeron a visitarnos ao cole algúns rapaces e rapazas do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Menéndez Pidal. Estes rapaces cursan 4º de ESO e xa colaboraron co noso centro en varias ocasións.
Nesta ocasión quixeron contarnos un conto precioso chamado "A Apalpadora". A clase afortunada que desfrutou con esta preciosa historia foi a aula de 4º de Educación Primaria.
Ademais déronnos este conto como agasallo asinado por todos eles.
Tras a lectura do conto tamén fixeron un pequeno obradoiro onde confeccionaron uns gorros pequeniños con lá.
Todos o pasaron xenial e desfrutaron moito coa actividade e sobre todo, coa marabillosa compañía.
Xa nos tarda realizar máis actividades con eles. Moitas grazas!




Comentarios
Publicar un comentario