MITOLOXIA GALEGA: A Maruxaina

As vacacións xa remataron e toca seguir traballando e aprendendo cousiñas sobre a cultura e a tradición galega. 

Este mes de Xaneiro os compañeiros de 3º de Educación Primaria prepararon un debuxo fermosísimo para presentarnos un novo ser mitolóxico chamado: Maruxaina

Contan as Lendas que nas islas dos Farallóns de San Cibrao en Cervo (Lugo), vive unha ninfa marina con corpo de muller e cola de peixe. Ten un fermoso pazo submarino entre algas, percebes, mexillóns e corais do noso litoral.  

Nos días de temporal sobe a un alto e toca un corno para avisar os mariñeiros do perigo.

O segundo sábado do mes de Agosto celebrase nesta localidade a festa da Maruxaina, que é unha festa declarada de interese turístico e que honra o noso mar e a todo o que nos ofrece. 

Animámosvos a que afondedes máis sobre esta bonita tradición e celebración. 




Comentarios

Publicacións populares