MITOLOXÍA GALEGA: Xerión

O alumnado da aula de 2º B de Educación Primaria preséntannos un ser mitolóxico que seguramente todos coñecemos. Trátase de Xerión.

Xerión era un xigante que tiña os corpos de tres homes. Ata a cintura era un único home, pero a partir da cintura saíanlle tres cabezas e os seus tres corpos de forma independente.

Este xigante era quen gobernaba as terras nas que vivimos na actualidade, ata que chegou Hércules quen loitou durante tres días contra Xerión, para liberar o pobo que vivía baixo o seu mandato.  

Cando Hércules gañou a Xerión decidiu construir un faro enorme encima de onde enterrou ao xigante, para que todos recordaran sempre a súa enorme fazaña. Xusto aí, Hércules fundou unha cidade que chamou Crunia en honra da primeira cidadá que a habitou.

Se mirades o escudo da nosa cidade, podedes ver que debaixo da Torre de Hércules aparecen unha calaveira e unhas tibias, que por suposto serían de Xerión como afirman as lendas. 

Animádevos a seguir aprendendo coas Lendas Mitolóxicas de Galicia. 




Comentarios

Publicacións populares