CORRELINGUA
O alumnado de 2º e de 3º de Educación Primaria desfrutou o pasado martes 6 de maio dunha actividade que se leva a cabo todos os cursos escolares, O Correlingua.
Os nosos rapaces e rapazas foron xunto a outros centros escolares a un pasarrúas polo paseo marítimo cara a Torre de Hércules, onde finalmente se levou a cabo unha festa en prol da concienciación e do uso da nosa lingua galega.
Na festa actuou a artista Pauliña cun pequeno concerto e os nenos desfrutaron moito coa súa música en lingua galega.
Desfrutemos todos dos nosos artistas en lingua galega!!
As seguintes fotos poden axudarvos a imaxinar como foi a mañan cos nosos nenos e nenas.
.jpeg)
.jpeg)



Comentarios
Publicar un comentario