DÍA DAS LETRAS GALEGAS: Cantigas da Terra e Adufeiras de Salitre

Este venres día 16 de maio festexamos o Día das Letras Galegas no noso centro. 

Como ben sabedes, a data de celebración das Letras Galegas é o 17 de maio. Este ano o Día das Letras Galegas 2025, está adicado a poesía popular oral, concretamente se personifica en Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira Santos (Muxía) e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda (Pandereiteiras de Mens, Malpica). 

Por eso decidimos contar coa agrupación Cantigas da Terra, xa que eles están moi vinculados a tradición e cultura popular galega. 

Este venres viñeron o noso centro escolar a facer un Concerto Didáctico para os nosos pequenos e pequenas, onde aprenderon moito.

Asemade a nosa mestra de música, traballou moito co alumnado ensinándolles unha muiñeira e unha cantiga tradicional para que este día tan especial a puideran realizar todos xuntos. E por suposto, o noso alumnado fixo un maravilloso traballo.

Deixámosvos varios enlaces para que poidades ver as diferentes actividades de esta data tan especial. 

https://youtu.be/3uG1aCkWHyM

Dende o EDLG do centro preparamos un pequeno agasallo para conmemorar esta data e que entregamos a todos os membros da nosa comunidade educativa, a continuación podedes ver un video onde usamos unha impresora 3D para elaborar unha pandeireta personalizada:

https://youtu.be/tTDQOGq4Gio

Velaí o resultado final: 


Esperamos que vos guste tanto como a nós!. 

Como momento cumbre da semana das Letras Galegas, o venres 23 de maio tivemos o privilexio de contar coa visita dunha das artistas do grupo Adufeiras de Salitre. Veunos dar un precioso taller con diferentes instrumentos musicais para o alumnado de Educación Infantil, onde os máis pequechiños viviron un momento máxico e precioso na súa grata compañía. 

Estamos desexando volver contar con Lidia máis veces no noso centro escolar para continuar bailando, cantando, aprendendo e desfrutando coa súa virtude musical. Moitas grazas Lidia! 

https://youtu.be/dPUZ_zxVDYg








Comentarios

Publicacións populares