DIA DE ROSALÍA: A Roseira de Rosalía

O venres 21 de febreiro festexamos no cole o Día de Rosalía de Castro, unha das poetas máis importantes da nosa literatura. 

Como sabedes o día que se conmemora o seu nacemento, o 23 de febreiro, é a data escollida para homenaxeala como se merece. Nesta ocasión, e dado que o 23 cadra domingo, decidimos festexalo co alumnado o día 21 de febreiro. 

Este curso o alumnado de 6º de EP elaborou un mural na súa honra. 

Asemade todo o alumnado deseñou unha rosa personalizada, con algún debuxo ou algunha palabra/verso escrita na súa rosa, por suposto, vencellada a Rosalía.

O día 21 todo o alumnado colocou a súa rosa na Roseira de Rosalía que deixaremos colocada na entrada do cole para que poidades desfrutala e ao mesmo tempo, recordar e valorar a esta figura tan ilustre da nosa cultura. 

Deixamosvos algunha mostra do traballo dos rapaces e rapazas.

A continuación deixámosvos un enlace para que poidades ver como foi a conmemoración durante esta data tan sinalada. 

Esperamos que o disfrutedes tanto coma nos. 

https://youtu.be/sK1HLA8GZIU





Comentarios

Publicacións populares