MITOLOXÍA GALEGA: Breogán
Este mes de marzo os nosos investigadores foron os rapaces e rapazas de 2º A de Educación Primaria. Eles preséntannos A Torre de Breogán.
Existe unha lenda da Mitoloxía Galega que está asociada ao Rei galego Breogán, él fundou a cidade de Brigantia (actualmente é a cidade da Coruña) e asimesmo ergueu esta torre.
Dende o cume desta torre, o fillo de Breogán, Ith, divisou Irlanda e isto desencadeou a conquista desta illa polos descendentes do Rei Breogán.
Esta torre mítica, segundo a lenda correspóndese coa Torre de Hércules, o que antes foi o faro da cidade de Brigantia na antigüidade, hoxe en día en o símbolo da cidade de Coruña.
Animamosvos, a seguir investigando sobre esta e outras preciosas lendas da nosa cultura e da nosa Mitoloxía.




Comentarios
Publicar un comentario