MITOLOXÍA GALEGA: O Nubeiro

Este mes de maio os encargados da labor de investigación son os pequenos e pequenas de Educación Infantil. 

Este mes preséntanos a un ser da Mitoloxía Galega chamado O Nubeiro. Eles son os seres que controlan a climatoloxía, provocan choiva, granizo ou tormentas.

En outras rexións do norte tamén contan cuns seres semellantes, por exemplo: Nuberus (en Asturias), Ñuberos (en Cantabria), Renuberus (en León) ou Odei (No País Vasco).

Hai moitas lendas aínda por descubrir, non deixedes de investigar para aprender máis e máis sobre o noso patrimonio cultural. 

O vindeiro curso continuaremos investigando sobre máis temas.




Comentarios

Publicacións populares