MULLERES CIENTÍFICAS. IES MENENDEZ PIDAL
Continuamos realizando actividades en colaboración co EDLG do IES Menéndez Pidal, igual que os derradeiros cursos escolares.
Nesta ocasión, o EDLG do IES organizou unha actividade sobre Mulleres Científicas.
Os nosos rapaces e rapazas de 4º de EP acoden o IES o día 24 de febreiro e levan a cabo un xogo de preguntas sobre mulleres científicas.
Asemade, os nosos alumnos e alumnas leen uns contos para a paz que elaboraron eles mesmos en lingua galega e cos cales, desfrutan dun tempo de lecer.
Como remate da actividade levan a cabo unha merenda conxunta cos doces típicos de Entroido.
A continuación podedes ver algunhas das imaxes que resumen esa bonita experiencia na que todos desfrutaron en grande.
Moitas grazas aos nosos compañeiros do EDLG do IES Menéndez Pidal que sempre nos fan desfrutar a todos.




Comentarios
Publicar un comentario