TABOA DOS LATEXOS: COMEZAMOS
Benvid@s a un novo curso escolar!
Esperamos que volvades ao cole con folgos e enerxía renovadas.
Este ano imos a continuar traballando co Taboleiro da Lingua, e por suposto cunha nova proposta: A Táboa dos Latexos.
Con ela o alumnado traballará as emocións, levando a cabo pequenas investigacións e afondando sobre as mesmas. Por suposto será unha actividade que realizarán en lingua galega.
Pouco a pouco a nosa táboa irá medrando e agregando máis e máis emocións incorporando de este modo o traballo de cada unha das aulas.
Agardamos que vos emocione a proposta tanto coma a nós!.




Comentarios
Publicar un comentario