TÁBOA DOS LATEXOS: MEDO
Xa temos unha aportación nova na nosa Táboa dos Latexos!
No cole continuamos traballando coas diferentes emocións. Si facedes memoria, o pasado mes, comezamos amosándovos un par de palabras correspondentes a emoción noxo.
E este mes imos a virar por completo de emoción, centrámonos no medo. Lembrade que a finais de este mes festexaremos o Samaín, así que é unha boa idea ir preparando aos máis pequenos e pequenas a xestionar os sentimentos ante as vindeiras situacións.
Os rapaces de 6º de Educación Infantil fixeron un maravilloso traballo buscando máis sentimentos asociados a emoción do medo. Eles propóñennos os seguintes sentimentos: tensión, pánico, soidade e angustia.
Ocorrensevos máis sentimentos relacionados co medo?
Deixamosvos unha imaxe de como vai a evolución da nosa Táboa dos Latexos.




Comentarios
Publicar un comentario