SAMAIN

O noso Samaín de este ano veu cargado de multitude de actividades super divertidas.

Durante toda a semana os rapaces elaboraron unhas cabazas terroríficas con motivos marítimos. Como podedes comprobar vos mesmos o final do seguinte video, quedaron fantásticas! Temos verdadeiros artistas no cole. 

https://youtu.be/9zRJgRQ_j44

Tamén se realizaron lecturas a escuras con contos propios de estas datas!! O resultado foi aterrador.

https://youtu.be/JgHaBvDOVkI

O alumnado de 6º de Educación Primaria preparou o conto: "Corre, corre cabaciña" para o alumnado de Educación Infantil. Foi un contacontos impresionante e os nenos de infantil desfrutaron moito e o pasaron xenial. 

https://youtu.be/-yCTfpqOOmg

Para rematar deixamosvos un pequeno video tétrico no que podedes ver a todo o  noso alumnado poseído polo espíritu da festa de Samaín.

https://youtu.be/JvXbTPT_3ng

Agardamos que o disfrutarades tanto coma todos nos!




Comentarios

Publicacións populares