TABOA DOS LATEXOS: TRISTURA

No noso día a día, experimentamos emocións moi diferentes. Este mes queremos falar dunha que, ás veces, non nos gusta demasiado pero que é moi importante: a tristura.

A tristura aparece cando algo nos doe por dentro: unha despedida, un enfado cun amigo ou amiga, un xoguete que se rompe, ou simplemente un día no que non todo sae como esperabamos. 

O alumnado de 2º de Educación Primaria preparou o traballo de este mes da nosa Táboa dos Latexos. Esta emoción pode traer sensacións distintas, e neste caso preséntannos as seguintes: morriña, desalento, mágoa, pesar, pena e tristura. 

Non vos esquezades de expresar o que sentides!

Deixamosvos a nosa Táboa dos Latexos: 


  

Comentarios

Publicacións populares