FALAMOS DE PRIMARIA: Gramola Gominola
Durante o primeiro trimestre o noso alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria disfrutou da actividade Falamos de Primaria.
Trátase dunha actividade incluida na programación do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña coa finalidade promover o uso da lingua galega entre o noso alumnado.
Neste caso asistiron a un concerto de Gramola Gominola, que como ben sabedes, son unha banda que sempre canta en lingua galega combinandoa a perfección co rock.
Os rapaces e rapazas desfrutaron moito do concerto como podedes ver na seguinte montaxe:




Comentarios
Publicar un comentario