CELEBRACIÓN: ENTROIDO MARIÑEIRO
O venres 13 de febreiro festexamos o noso Entroido Mariñeiro.
Por mor do tempo, non puidemos levar a cabo o noso Pasarrúas pero de igual xeito tivemos unha celebración moi divertida e animada.
Durante toda a semana disfrazámonos seguindo as instruccións dos Mandadiños, converténdose nunha aventura xenial.
Fixemos unhas merendas compartidas cos compañeiros e así sempre hai máis festa e diversión.
A rapazada tocou unha batucada que ensaiou coa mestra de música e xa despois puidemos bailar e pasalo xenial coa Comparsa Monte Alto a 100.
E por suposto puxemos os nosos disfraces e complementos que tanto traballo nos deu elaborar e preparar. A continuación podedes ver algúns deles:
Deixamosvos cun pequeno resumo da celebración.
Agardamos que vos guste!

.jpeg)







Comentarios
Publicar un comentario