8 M. Día Internacional da Muller

O 8 M é unha data especialmente significativa e salientable. O ideal sería que non fose preciso seguir incidindo nesta data, pero cada día resulta máis importante fomentar unha igualdade de xénero real a todos os niveis: traballos, soldos, responsabilidades, etc.  Por iso debemos insistir nestos valores entre o noso alumnado. 

Este curso escolar decidimos elaborar un Telexornal entre todo o centro. Cada un dos cursos ten unha temática ou persoa concreta que debe desenvolver durante unha pequena grabación (noticia, conto, reportaxe, etc). O alumnado de 6º EP foron os encargados de facer as presentacións e as introducións e o alumnado de 5º de EP levou a cabo a publicidade. 

A continuación tedes o enlace onde poderedes desfrutar de todo o traballo feito polas diferentes aulas. 

https://drive.google.com/file/d/1r5tNVTeVRAYl8KjeHRZ69nG-u0KRm4Uq/view?usp=drivesdk

Agardamos que vos guste. 






Comentarios

Publicacións populares