TÁBOA DOS LATEXOS: IRA (2ª parte)
Este mes de marzo continuamos a traballar coa emoción da ira.
Sempre debemos tratar de controlar as nosas emocións e non deixar que elas nos gobernen. Con moito traballo pola nosa parte, con empatía, con resiliencia, con autorregulación e autocontrol emocional, hai que tentar que o noso alumnado sexa quen de canalizar as súas emocións da mellor forma para ter unha axeitada xestión emocional.
Este mes de marzo o alumnado de 5º de EP incorporou os seguintes sentimentos que tamén lles evocan ira: violencia, enfado, rabia, irritación, anoxo e carraxe.
O vindeiro mes xa traballaremos con outra emoción.
Deixamosvos unha imaxe de como está a nosa actual Táboa dos Latexos con todos os sentimentos que recolle.




Comentarios
Publicar un comentario