CARTEO: CEIP Cidade Vella

Este curso preparamos unha actividade preciosa xunto o CEIP Cidade Vella.

O noso alumnado de 3º A, 3º B, 4º e 5º de Educación Primaria está participando nun programa de Carteo organizado entre os Equipos de Dinamización da Lingua Galega de ambos centros educativos, tanto do CEIP Cidade Vella como do CEIP de Zalaeta. 

Consiste en que cada unha das aulas se escriben cartas onde lles explican o alumnado do outro centro como traballamos aquí, como se chaman os rapaces, o que lles gusta, en fin......están aprendendo a coñecerse a través de cartas que se están a enviar mediante correo postal. 

O máis importante é que motivalos e xerar curiosidade na actividade coñecendo novos amigos, e sobre todo potenciar o uso da lingua galega para expresar os seus intereses e as súas actividades cotiáns.

Esta actividade continuará durante o resto do curso escolar con intercambios periódicos de cartas entre ambos centros. 

A continuación deixamosvos unha pequena mostra das cartas que recibimos nestes días:

 



Comentarios

Publicacións populares