TÁBOA DOS LATEXOS: LEDICIA

Tras as vacacións e con este tempo tan formidábel todos estamos máis ledos e animados, e por ise motivo, este mes na nosa Táboa dos Latexos imos a traballar coa emoción da Ledicia

Os rapaces e rapazas de 4º de Educación Primaria foron os encargados de trasladarnos algunhas sensacións e sentimentos que a eles lles aportan ledicia, como son: benestar, harmonía, xenerosidade, agarimo, bondade, amabilidade e festa. 

Qué vos parece, estades dacordo? estas sensacións a vos tamén vos aportan ledicia?

Deixamosvos a nosa Táboa dos Latexos a día de hoxe, para que vexades todos os sentimentos e emocións traballadas polo alumnado. 


 

Comentarios

Publicacións populares