TABOA DOS LATEXOS: LEDICIA (2ª parte)

O curso avanza moi rápido e sen darnos nin conta chegamos ao mes de maio. 

Nesta época a emoción da ledicia abunda en todos nós, xa temos bo tempo e as nosas sensacións son máis positivas. 

Desta volta os encargados de seleccionar as sensacións que lles evocan ledicia foron os rapaces e rapazas de 3º B de Educación Primaria. 

Como podedes ver seleccionaron: agasallo, xogar, sorrir, Nadal, amizade, emoción, euforia e felicidade. Qué vos parece a súa selección? a vos tamén vos transmiten ledicia? 

Anímadevos a pensar en sensacións que nos transmitan ledicia, é unha emoción moi agradecida e que sempre nos transmite enerxía positiva. 





Comentarios

Publicacións populares