CONMEMORACIÓN LETRAS GALEGAS

O venres día 15 de maio celebramos o Día das Letras Galegas no cole con todo o alumnado. 

Baixamos todos xuntos o patio para cantar varias cancións populares que os rapaces estiveron practicando. E tamén cantamos unha canción adicada a Begoña Caamaño, a homenaxeada deste ano, concretamente: "Begoñísima" de Uxía e Malvela. 


O cole quixo salientar a importancia de esta data para facer un agasallo a toda a comunidade educativa. Fixeronse uns marcapáxinas que se repartiron entre todos. 


Agardamos que vos gustasen e sobre todo que os utilicedes moito con libros en lingua galega. 

Deixamosvos un pequeno resumo da nosa Semana das Letras Galegas, desfrutádeo tanto como o desfrutamos nós. 


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS E TODAS!







Comentarios

Publicacións populares