LETRAS GALEGAS: CONTACONTOS

Esta semana con motivo do Día das Letras Galegas e tendo en conta a súa gran importancia, levamos a cabo diversas actividades. 

Entre elas destaca un contacontos de Manuela Varela chamado "Begoña na procura da verdade". 

O noso alumnado desfrutou moito con todas as aventuras que nos contou, ademais de aprender moitas cousas interesantes sobre Begoña Caamaño e a súa obra. 

Sempre é un pracer contar con profesionais que nos axudan a transmitir contidos tan maravillosos os nosos rapaces e rapazas. 








Comentarios

Publicacións populares