SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

O vindeiro domingo día 17 de maio conmemórase o Día das Letras Galegas, este ano adícase a Begoña Caamaño. Autora nada en Vigo en 1964 e que falece moi nova en 2014 en Santiago de Compostela. 

Durante toda a semana o alumnado estivo traballando con diferentes actividades sobre ela, e en xeral sobre esta conmemoración tan nosa. 


Asemade entre todo o cole preparamos a actividade "Ensaiando", a continuación podedes ver o ben que nos quedou. 




Todas as aulas confeccionaron un traballo e adornamos un traxe rexional galego vinculando así o noso patrimonio cultural e artístico, creando unha unión entre ambos mundos, todos igual de importantes para a nosa identidade galega. 

Agardamos que vos guste!











Comentarios

Publicacións populares