TABOA DOS LATEXOS: LEDICIA (3ª parte)
Un ano máis o tempo pasou voando e xa estamos no mes de xuño.
Durante este mes a emoción máis recorrente entre o alumnado é a ledicia. O mes de xuño implica cambio, bo tempo, bos momentos, diversión, ir a praia, facer cousas divertidas e en definitiva, desfrutar dos días longos cos amigos.
Nesta ocasión a nosa Táboa dos Latexos deste curso completarona o alumnado de 3º A de Educación Primaria. Eles pensaron en momentos e sensacións que lles espertaran a emoción da ledicia, e propoñennos as seguintes: troula, amor, ilusión, familia, diversión, compartir, paz e aperta.
Qué vos parecen? a vos tamén vos transmiten ledicia cando pensades nelas?
A continuación deixamosvos a nosa Táboa dos Latexos completa co traballo tan bonito que fixo o noso alumnado traballando todas as emocións. Aprendede a disfrutar dos vosos sentimentos e de coller sempre o bo que nos aportan todos e cada un deles.




Comentarios
Publicar un comentario